• Español
  • Galego
  • Inicio
  • Noticias
  • Equipos
    • 2ª División
    • A nosa Base
  • Galería
    • Liga
    • Eventos
  • Abónate
  • Colaboradores
    • Base
  • Contacto

#RetornoÁsOrixes: campaña de abonados 2021/22

septiembre 6, 2021 at 10:24 , No hay comentarios


El Santiago Futsal abre este luns 06 de setembro a súa campaña de abonados. A campaña deste ano busca retomar a ilusión da afección herdeira revivindo as orixes históricas do club, orixes que o levaron a converterse no equipo máis importante da historia do futsal galego.

O retorno a Segunda B tomámolo como unha oportunidade de volver a crecer dende cero, co apoio da nosa afección e demostrando porque somos o club da loita.

PRECIOS
Tarifa Adulto: 50€
Taifa Xubilado/a | Parado/a | Estudiante: 30€
Xuvenil (14 a 17): 15€
Infantil (Menores de 13): GRATIS

Para renovar o abono o club facilitará a través da súa web e das súas redes sociais aos seus afeccionados un enlace (https://www.inscribirme.com/campanaabonadostempada20212022santiagofutsal1) no que se poderá tramitar de forma sinxela unha pre-renovación do carnet dende calquera dispoisitivo con acceso a internet. Unha vez feito este paso, o abonado poderá recoller o carnet e formalizar o pago nas oficinas do club no Multiusos Fontes do Sar de martes a xoves con horario de 17:30 a 20:00. Dende o Santiago Futsal tamén ofrecemos a posibilidade de tramitar a renovación presencialmente nas oficinas del club nos días e horario descritos.

Coa mellora da situación sanitaria no noso país, as restriccións de aforo a día de hoxe son moito máis relaxadas, non obstante a situación podería mudar nos próximos meses. Por suposto, o club da man do Concello de Santiago garantizará que o Pavillón Municipal de Santa Isabel sexa un espacio seguro establecendo protocolos de acceso que incluen, entre outras medidas: a toma de temperatura, rexistros de entrada, postos de xel  hidroalcólico, ventilación adecuada, desinfección previa, etc...

No caso de non poder ter público nalgunha xornada da tempada 2021/22, o custo do abono será considerado como unha colaboración e axuda ao Santiago Futsal, non devolvéndolle ao abonado o seu importe.

No hay comentarios

Responder







Entradas recientes

  • Esta xornada xogamos en Santiago, pero non en casa
    10 mar, 2022
  • Sergio Buján deixa de ser xogador do Santiago Futsal
    28 feb, 2022
  • Simón Brandón, un pívot que volve a casa
    11 feb, 2022
  • Álvaro Pereiro, reforzo de inverno para o Santiago Futsal
    7 feb, 2022
  • O mellor está por chegar: campaña de abonados segunda parte 2021/22
    24 ene, 2022
  • Actualización medidas COVID-19
    17 dic, 2021
  • Volta o Campus de Nadal do Santiago Futsal!
    7 dic, 2021