Grazas afección!
O Santiago Futsal quere mostrar o seu agradecemento a nosa afección que acudiu o pasado sábado a ida do partido contra o Futsal Mataró para amosar o seu apoio ó equipo. Dende o quecemento ata o final do encontro. Os xogadores recibiron o cariño o calor da xente que estivo nas bancadas de Santa Isabel, o noso pavillón viviu de novo unha das grandes citas que fan homenaxe a historia desta entidade.
O club está orgulloso de todos os afeccionados que ao longo da tempada mostraron o seu respaldo incondicional en cada partido. Temos que agradecer en particular a nosa peña Herdeiros do Sar, eles foron o corazón que bombeou o sangue do noso equipo nos momentos máis cruciais do partido. O espectacular ambiente que se respirou non sería posible sen os vosos berros dende a bancada.
Agora queda o paso máis difícil que é rematar o traballo o próximo sábado no Pavelló Municipal Teresa María Roca. Agardamos voltar con boas novas e poder vivir outro partido histórico na nosa casa convosco.