362 quilos recollidos no segundo partido solidario do Santiago Futsal.
En colaboración co banco de alimentos de Santiago, o club compostelán recolleu 362 quilos de alimentos no partido do pasado sábado ante o Besoccer Uma Antequera. Alimentos como o aceite, azucre, leite, fariña e cacao en po foron os máis depositados polos asistentes ao encontro, que unha vez máis responderon a chamada solidaria do club.
Grazas ao compromiso dos seus afeccionados, e por segunda vez esta temporada tras colaborar co banco de alimentos Balrial o pasado mes de outubro, o club achegou o seu granito de area a esta entidade que leva desde 2016 loitando contra a escaseza de alimentos e que ten a súa base no polígono do Tambre.
Desde o Santiago Futsal lembramos
que para colaborar con esta asociación pódense dirixir aos teléfonos 981 58 61
81 / 626 65 81 10 ou ben ao correo santiago@fegaban.es.
No comments
Leave a reply
Recent Posts
-
Derrota do JERUBEX Santiago Futsal na súa visita ao Guillermo Molina.
16 Jan, 2021 -
O JERUBEX Santiago futsal disputa o seu segundo partido consecutivo contra Ceuta.
15 Jan, 2021 -
O JERUBEX Santiago Futsal non consegue a vitoria nun axustado partido.
9 Jan, 2021 -
O JERUBEX Santiago Futsal recibe ao U.A. Ceutí.
7 Jan, 2021 -
Saúl Marrupe non continuará no JERUBEX Santiago Futsal
4 Jan, 2021 -
Inicio de ano sen puntos para o JERUBEX Santiago Futsal.
3 Jan, 2021 -
En busca dos tres primeiros puntos de 2021.
30 Dec, 2020