Partido clave contra o U.A. Ceutí
O Santiago Futsal recibe ao U.A. Ceutí nun duelo directo pola permanencia. Os de David Rial mediranse este sábado ás 19:00 en Santa Isabel ao seu perseguidor máis inmediato, ao que avantaxan en 2 puntos.
Aínda pendentes da evolución de Alberto Mirás e I. Beltrán, convalecentes das molestias que experimentaron as últimas semanas, os composteláns inician unha rolda de partidos crave como local para asegurarse a permanencia na Segunda División da LNFS.
Este partido conta ademais coa visita á capital galega de vellos coñecidos do Santiago Futsal como son os xogadores Everton, Saul, Víctor Cachón, Anuar e tamén o adestrador Santi Valladares.
David Rial comentou en rolda de prensa que “ chegamos ben ao partido. O equipo xa pasou páxina da derrota en Murcia e está preparado para afrontar un encontro da importancia do de mañá. Son un equipo cun gran potencial ofensivo, que se atopa moi cómodo con balón e ademais con moito perigo na estratexia ofensiva ao contar cun dos mellores sacadores da liga como é Saúl e grandes finalizadores.”
Para este partido o Santiago Futsal contará con varias actividades, como unha exhibición do Club Patinaxe Fontiñas no descanso ou a celebración do concurso de disfraces, con packs deportivos e doces como premio para os gañadores a mellor disfrace, disfrace máis orixinal e mellor disfrace grupal. Os asistentes ao encontro tamén poderán degustar orellas caseiras que se ofrecerán na cantina do club ata fin de existencias.
Lembramos que todos os menores de 18 anos que acudan
disfrazados poderán acceder de maneira gratuíta, quedando en 2 € para aqueles
que asistan sen disfrace e en 10€ para o público xeral.
No comments
Leave a reply
Recent Posts
-
Derrota do JERUBEX Santiago Futsal na súa visita ao Guillermo Molina.
16 Jan, 2021 -
O JERUBEX Santiago futsal disputa o seu segundo partido consecutivo contra Ceuta.
15 Jan, 2021 -
O JERUBEX Santiago Futsal non consegue a vitoria nun axustado partido.
9 Jan, 2021 -
O JERUBEX Santiago Futsal recibe ao U.A. Ceutí.
7 Jan, 2021 -
Saúl Marrupe non continuará no JERUBEX Santiago Futsal
4 Jan, 2021 -
Inicio de ano sen puntos para o JERUBEX Santiago Futsal.
3 Jan, 2021 -
En busca dos tres primeiros puntos de 2021.
30 Dec, 2020