Derrota do Santiago Futsal contra o UA Ceutí
Co obxectivo de sumar a súa segunda vitoria consecutiva como local, o Santiago Futsal afrontaba unha partido clave contra un rival directo pola permanencia na Segunda División da LNFS.
Os santiagueses buscaban poñer distancia cun U.A. Ceutí que se situaba xusto por baixo na clasificación despois da derrota sufrida en Murcia. Pola súa banda, os visitantes chegaban despois de perder na casa contra o Irefrank Elxe e coa posibilidade de superar ao seu rival na táboa en caso de conseguir a vitoria.
O partido comezou costa arriba para o Santiago Futsal, xa que aos dous minutos os visitantes adiantáronse grazas a un gol de Anuar, que colleu un rebote na área local e bateu a Brais. Tan só dous minutos despois Cachón ampliaba a renda, e deixaba aos composteláns cun 0-2 aos cinco minutos de xogo.
Os galegos tentaron achegarse con oportunidades de Porto e Nito, pero non o conseguiron. No outro área Brais detiña as ocasións de Ceuta, encabezadas por Everton e Juanfran.
Porto , no minuto 16, conseguiu reducir a vantaxe visitante cun potente zurdazo desde o bordo da área e a punto estivo de conseguir o empate un minuto despois, pero o partido foise 1-2 ao descanso.
A segunda metade comezou cun intercambio de golpes. Primeiro
cun disparo ao pau de Isma e despois coa contestación de Manu Orellana.
Brian estrelou un disparo moi perigoso nun rival e Everton case conecta
un bo pase ao segundo pau, pero ningún compañeiro conseguiu chegar.
Cachón conseguiu o seu segundo da noite no minuto 26, o que volvía poñer ao U.A. Ceutí a dous de diferenza. O Santiago tentouno con toda a súa artillería, pero non foi capaz. Pirata desde varias posicións, Porto de volea e Isma buscaron o gol, pero este non chegou.
O equipo santiagués busco a superioridade primeiro con Isma como porteiro xogador e logo co recuperado Alberto Mirás, pero a boa defensa visitante fixo que o partido terminase ao recuperar Saul e marcar a pracer o 1-4 final aproveitando a meta baleira dos locais.
David Rial, adestrador dos composteláns, comentou en rolda de prensa que “ non saímos do todo ben e iso pagámolo con dous goles nos 5 primeiros minutos de xogo. A partir do 0-2 o equipo repúxose e co 1-2 temos os nosos mellores momentos. Outro erro noso condénanos na segunda parte e iso fixo máis difícil a situación. Temos que asumir os erros e só quédanos volver o luns coa cabeza ben alta para mellorar”
Santiago Futsal - Brais (por) ,Alberto Mirás , Brian Niebla, J. Gambín, Isma, Porto, J. Montiel, Nito, Dani Blanco, Adrián Rodríguez, Peerapat, P. Liñeira(por
UA Ceutí - Dani Cabezón, Jaime Padial, Murcia,
Ismael,M., Orellana ,We casas, Anuar, Chito, Everton, JuanFran, Saul, Cachón, Sufi,
Galán
Goles
0-1 Anuar (Min. 2)
0-2 Cachón (Min. 5)
1-2 Porto (Min. 16)
1-3 Cachón (Min.
26)
1-4 Saul (Min. 39)
No comments
Leave a reply
Recent Posts
-
Derrota do JERUBEX Santiago Futsal na súa visita ao Guillermo Molina.
16 Jan, 2021 -
O JERUBEX Santiago futsal disputa o seu segundo partido consecutivo contra Ceuta.
15 Jan, 2021 -
O JERUBEX Santiago Futsal non consegue a vitoria nun axustado partido.
9 Jan, 2021 -
O JERUBEX Santiago Futsal recibe ao U.A. Ceutí.
7 Jan, 2021 -
Saúl Marrupe non continuará no JERUBEX Santiago Futsal
4 Jan, 2021 -
Inicio de ano sen puntos para o JERUBEX Santiago Futsal.
3 Jan, 2021 -
En busca dos tres primeiros puntos de 2021.
30 Dec, 2020