O Santiago Futsal presenta a súa campaña para a recta final de temporada.
O equipo compostelán encara o
tramo final da temporada. Un tramo complicado e nunha situación difícil, polo
que solicita a axuda e a colaboración da cidade para saír adiante. O club,
consciente de que a afección nunca lle fallou, arenga a esta a acudir con máis
ganas que nunca a Santa Isabel e apunta tamén aos cidadáns de Santiago de
Compostela que simpatizan co club para que lle dean ese apoio extra que
necesita.
Co obxectivo de converter Santa Isabel nunha pota a presión e para os 4 partidos que restan como local desta temporada de Segunda División da LNFS, o club lanzou hoxe a campaña “ Xente! A cousa anda quente “, na que se tomarán distintas medidas para fomentar a asistencia de público á súa cancha local.
Como primeira opción, os abonados poderán convidar a un acompañante ao pavillón de maneira totalmente gratuíta, mentres que a entrada para os non abonados que veñan apoiar ao equipo rebaixarase a 5 €. Os menores de 18 anos, como estaba a ser costume nas últimas xornadas, poderán acceder de maneira gratuíta.
A campaña tamén prestará especial atención ás empresas colaboradoras co club, ás que entregará invitacións de maneira periódica para que os seus clientes poidan ver os partidos do Santiago Futsal sen ningún custo. As listaxes destes locais iranse facendo públicos nos próximos días.
Así mesmo, a próxima semana tamén
se facilitará unha listaxe con novos locais de hostalería e empresas que
colaborarán coa campaña de apoio ao equipo nesta recta final do curso.
No comments
Leave a reply
Recent Posts
-
Derrota do JERUBEX Santiago Futsal na súa visita ao Guillermo Molina.
16 Jan, 2021 -
O JERUBEX Santiago futsal disputa o seu segundo partido consecutivo contra Ceuta.
15 Jan, 2021 -
O JERUBEX Santiago Futsal non consegue a vitoria nun axustado partido.
9 Jan, 2021 -
O JERUBEX Santiago Futsal recibe ao U.A. Ceutí.
7 Jan, 2021 -
Saúl Marrupe non continuará no JERUBEX Santiago Futsal
4 Jan, 2021 -
Inicio de ano sen puntos para o JERUBEX Santiago Futsal.
3 Jan, 2021 -
En busca dos tres primeiros puntos de 2021.
30 Dec, 2020