Volta ao traballo nunha nova semana clave para o Santiago Futsal
Tras o parón da pasada fin de semana, debido á celebración da Copa de España en Málaga, o Santiago Futsal retoma hoxe luns os adestramentos para afrontar a recta final da competición ligueira. Os xogadores, despois de gozar duns días de descanso, xa se atopan na capital galega listos para seguir as sesións programadas para as tardes de toda a semana en Santa Isabel, ademais das matutinas de martes e sábado.
O equipo quere saír da zona vermella da táboa, e para iso afronta unha nova semana clave na consecución da salvación. Este venres recibe a outro rival directo, o FC Barcelona B, un equipo de características similares aos composteláns, xa que contan cun plantel xoven e con bo trato de balón.
O partido celebrarase este venres día 13 ás 21:00 horas en Santa Isabel, contando cunha gran afluencia de público debido ás diferentes accións que se están levando a cabo na cidade.
O club lembra que, co inicio da
campaña “ Xente! A cousa anda quente!, permitirase que os abonados poidan
convidar a un acompañante ao pavillón de maneira totalmente gratuíta. Ademais,
a entrada para os non abonados que veñan apoiar ao equipo rebaixarase a 5 € e
os menores de 18 anos poderán ver o partido sen custo algún.
No comments
Leave a reply
Recent Posts
-
Derrota do JERUBEX Santiago Futsal na súa visita ao Guillermo Molina.
16 Jan, 2021 -
O JERUBEX Santiago futsal disputa o seu segundo partido consecutivo contra Ceuta.
15 Jan, 2021 -
O JERUBEX Santiago Futsal non consegue a vitoria nun axustado partido.
9 Jan, 2021 -
O JERUBEX Santiago Futsal recibe ao U.A. Ceutí.
7 Jan, 2021 -
Saúl Marrupe non continuará no JERUBEX Santiago Futsal
4 Jan, 2021 -
Inicio de ano sen puntos para o JERUBEX Santiago Futsal.
3 Jan, 2021 -
En busca dos tres primeiros puntos de 2021.
30 Dec, 2020