En busca dos tres primeiros puntos de 2021.
O JERUBEX Santiago Futsal recupera este domingo día 3 ás 12 horas o seu partido aprazado contra o Atlético Benavente, no que os galegos buscarán o desquite despois de caer por 3-1 o pasado sábado 19 na Rosaleda nun partido retransmitirase pola canle de Youtube do club.
Os composteláns volven a Santa Isabel coas baixas de Álex Áres, Javi López e Porto, coa intención de volver á senda da vitoria tras dúas derrotas consecutivas. Para iso, o equipo adestrarase sábado en dobre sesión despois duns días de descanso debido ás festividades do Nadal, incluíndo unha sesión de vídeo para o mesmo día.
O adestrador dos de Santiago, David Rial, comentou que “están a ser semanas atípicas, con paróns no medio de semana e moita xente lesionada que condiciona a maneira de preparar as sesións. A derrota da semana pasada foi dolorosa, non só polo avultado do marcador se non polas sensacións que tivemos.”
“Estou convencido de que o domingo volveremos ver unha boa versión do equipo, como a que demos no partido anterior contra Benavente, no que creo que durante a primeira parte fixemos os nosos mellores minutos e onde merecemos máis. Debemos volver igualar ese ritmo e ese gran nivel competitivo que eles teñen, o partido será similar ao de hai 15 días, onde mandarán os pequenos detalles.”
Para o partido, e en colaboración
coa Asociación de Veciños de Vista
Alegre e a Peña Herdeiros do Sar, o club habilitará na entrada de Santa
Isabel unha caixa de correos para todos aqueles nenos que queiran darlle as
súas cartas aos paxes reais, que posteriormente llas entregarán a SM Os Reis Magos de Oriente.
No comments
Leave a reply
Recent Posts
-
Vitoria de mérito para rematar a primeira fase
20 Feb, 2021 -
Previa: CD Rivas vs JERUBEX Santiago Futsal
18 Feb, 2021 -
Derrota ante o líder do JERUBEX Santiago Futsal.
6 Feb, 2021 -
Previa: JERUBEX Santiago Futsal vs Noia P.A.
4 Feb, 2021 -
Gran esforzo sen recompensa para os santiagueses
2 Feb, 2021 -
Previa: FS Talavera vs JERUBEX Santiago Futsal
1 Feb, 2021 -
Traballado punto do JERUBEX Santiago Futsal en Móstoles
30 Jan, 2021