Inicio de ano sen puntos para o JERUBEX Santiago Futsal.

O Santiago Futsal comezaba o 2021 recuperando a Xornada 2 e recibindo a un Atlético Benavente ao que xa se enfrontou o pasado 19 de decembro na Rosaleda.
Os galegos, que seguen aproveitando o nadal para disputar os partidos aprazados, abrían o ano en Santa Isabel co obxectivo de sumar os seus tres primeiros puntos de 2021 ante un recentemente ascendido que está a levar a cabo unha moi boa campaña.
Co asubío inicial chegou un gol temperán de Brian Néboa, cun zurdazo contra o que nada puido facer Marcos Vara. O conxunto visitante quíxose repoñer con ocasións de Charlie e Germán, pero Cristian marcou o segundo dos de Santiago no minuto 8 finalizando unha boa xogada.
Pedro Liñeira seguía tapando as reaccións dun Benavente que ía a máis, e que conseguiu o empate cunha rápida reacción cos goles de Malaguti, que chegaron no 13 e o 15. Charlie asinou a remontada na primeira parte, cun tiro bombeado por alto no 17, e que levou o partido ao descanso con 2-3.
O Santiago comezou a segunda metade con ganas, pero de novo Malaguti marcou no 22 poñendo o cuarto. Buscou unha reacción o equipo local, con ocasións de Matos e Cristian , pero o ex de Santiago Charlie marcou o seu segundo no 28 tras un bo pase longo de Vara.
O partido, cun ritmo moi alto desde os seus inicios, seguiu alternado posesións, pero cun Benavente ben plantado en defensa e as principais ocasións xeradas por Novoa e Martín. No 34 Brian vestiuse de porteiro xogador, creando así máis xogo, cunha oportunidade moi clara de Cristian que quitou Vara e outra de Alberto Mirás de lonxe. Brian xogando de 5 marcou no 37, pero Sergio aproveitou unha perda dos galegos no 38 poñendo o 3-6 final no marcador, e deixando así a JERUBEX Santiago Futsal sen o primeiros tres puntos do ano en Santa Isabel.
Na rolda de prensa posterior ao
partido, David Rial declarou que “o inicio foi na liña do partido de hai 15
días. Ao comezo estivemos moi ben con balón, cómodos e con criterio, pero son
un plantel moi forte fisicamente e con profundidade, polo que conseguiron
remontar esa vantaxe inicial. Pese ao resultado o traballo é digno de encomiar,
oxalá este sexa un punto de inflexión para que podamos empezar a recuperar
lesionados e podamos volver sumar puntos de novo”.
JERUBEX Santiago Futsal: Alberto Mirás, Brian Niebla, Cristian, Dani Blanco, Matos, Lucho, P. Liñeira, Alán, Quintás, Boado
Atlético Benavente: Dani
Simón, M. Vara, Tomy, Dilin, Fran, Romero, Domínguez, Simón, Yayo, Charlie,
Martín, Malaguti, Novoa, Hernández.
Goles:
Min 01. 1-0 – Brian
Min 08. 2-0 – Cristian
Min 13. 2-1 - Malaguti
Min 15. 2-2 – Malaguti
Min 17. 2-3 – Charlie
Min 22. 2-4 – Malaguti
Min 28. 2-5 – Charlie
Min 37. 3-5 – Brian
Min. 38. 3-6 – Sergio
No comments
Leave a reply
Recent Posts
-
Vitoria de mérito para rematar a primeira fase
20 Feb, 2021 -
Previa: CD Rivas vs JERUBEX Santiago Futsal
18 Feb, 2021 -
Derrota ante o líder do JERUBEX Santiago Futsal.
6 Feb, 2021 -
Previa: JERUBEX Santiago Futsal vs Noia P.A.
4 Feb, 2021 -
Gran esforzo sen recompensa para os santiagueses
2 Feb, 2021 -
Previa: FS Talavera vs JERUBEX Santiago Futsal
1 Feb, 2021 -
Traballado punto do JERUBEX Santiago Futsal en Móstoles
30 Jan, 2021