Derrota do JERUBEX Santiago Futsal na súa visita ao Guillermo Molina.
No seu segundo partido en menos dunha semana contra o mesmo rival, o JERUBEX Santiago Futsal viaxaba a Ceuta co obxectivo de resarcirse e conseguir unha vitoria que lles permitise engancharse á clasificación.
O Ceuta comezou avisando, tendo oportunidades que poñían a proba a Pedro Liñeira desde o primeiro minuto de xogo. No 4 We Casas conseguiu estrear o marcador cun disparo cruzado de lonxe grazas a un pase de Sufián.
A partir de aí o Santiago comezou a presionar no campo rival, buscando apertar a saída de balón, pero Sufian conseguiu anotar o segundo para os de Ceuta tras unha perda local.
Os de Ceuta seguiron tocando e mantendo a posesión, buscando un terceiro que conseguiron a través de Everton no 14 con pase de Orellana. Os galegos buscaron achegarse con ocasiónes de Porto e Matos, pero o marcador non se moveu do 3-0 na primeira metade.
Co inicio da segunda metade chegou un novo gol de Orellana, tras un contragolpe no que cruzou un balón raso. Porto de novo e Álex Ares tentárono de lonxe inmediatamente despois, pero con pouca fortuna. Foi Everton o que conseguiu o quinto para os locais, noutro roubo nunha zona perigosa no 27.
O Santiago saíu con Alberto Mirás de porteiro xogador, mantendo máis o balón, pero sen oportunidades claras. Cristian e Brian buscaron perforar a meta de Cabezón, que tivo que sacar con esmero os intentos.
No 36, e tras golpear no pau, Everton coou o sexto con outro golpeo da súa perna esquerda. Faltando 10 segundos para o final Abraham aproveitou a superioridade tras a expulsión de Brian para pechar o marcador.
JERUBEX Santiago Futsal: Brais, Alberto Mirás, Brian Niebla, Porto, Álex Ares, Cristian, Dani Blanco, Matos, P. Liñeira, Alán, Quintás.
UA Ceutí: Dani Cabezón, Jaime, Abraham, Manu Orellana,We Casas, Alamillos, Anuar, Everton, Jose Mari, Smail, Cachón, Galán, Santi, Sufián.
Goles:
Min 04. 1-0 – We Casas
Min 07. 2-0 – Sufian
Min 14. 3-0 - Everton
Min 21. 4-0 – Orellana
Min 27. 5-0 – Everton
Min 36. 6-0 – Everton
Min 39. 7-0 – Abraham