• Español
  • Galego
  • Inicio
  • Novas
  • Equipos
    • 2ª División
    • A nosa Base
  • Galería
  • Abónate
  • Colaboradores
    • Base
  • Contacto

Previa: JERUBEX Santiago Futsal vs Noia P.A.

February 4, 2021 at 12:29 pm, No comments


Co seu terceiro partido en 7 días, os galegos reciben ao líder a clasificación en Santa Isabel nun encontro que se celebrará a porta pechada este sábado día 6 ás 19:00.

Despois de dous longos desprazamentos en autobús a Móstoles e  Talavera, o penúltimo partido desta primeira fase da Segunda División da LNFS enfrontará ao  JERUBEX Santiago Futsal e ao Noia  Portus  Apostoli, no seu terceiro enfrontamento desde outubro e que se retransmitirá a través da canle de Youtube do club.

Os santiagueses buscarán sumar puntos coa vista posta no que será o último partido como local desta primeira quenda de enfrontamentos do subgrupo 2, ante un Noia  P.A. que unicamente perdeu un choque no que vai de campionato.

Sobre o encontro David Rial , que contará con todos os seus homes dispoñibles excepto Javi López por lesión e Dani Blanco por expulsión no último partido contra  Talavera  FS, comentou que “estamos nunha situación complicada, pero a pesar de todo o equipo está a dar a cara. Creo que os nosos tres últimos partidos son o reflexo dun equipo que non se rende e que independentemente das  circustancias déixao todo por moi difíciles que se poñan as cousas. Estou convencido de que nese camiño seguiremos e pronto transformaremos en puntos esta actitude.”

“Con respecto ao partido enfrontámonos ao mellor equipo da categoría, así o din os números e o xogo, creo que despois do visto é o claro favorito a todo, pero a nós non nos ten que importar quen estea diante, hai que sumar xoguemos contra quen xogue” comentou o adestrador santiagués.

No comments

Leave a reply







Recent Posts

  • Vitoria de mérito para rematar a primeira fase
    20 Feb, 2021
  • Previa: CD Rivas vs JERUBEX Santiago Futsal
    18 Feb, 2021
  • Derrota ante o líder do JERUBEX Santiago Futsal.
    6 Feb, 2021
  • Previa: JERUBEX Santiago Futsal vs Noia P.A.
    4 Feb, 2021
  • Gran esforzo sen recompensa para os santiagueses
    2 Feb, 2021
  • Previa: FS Talavera vs JERUBEX Santiago Futsal
    1 Feb, 2021
  • Traballado punto do JERUBEX Santiago Futsal en Móstoles
    30 Jan, 2021