• Español
  • Galego
  • Inicio
  • Novas
  • Equipos
    • 2ª División
    • A nosa Base
  • Galería
  • Abónate
  • Colaboradores
    • Base
  • Contacto

Vitoria de mérito para rematar a primeira fase

February 20, 2021 at 8:12 pm, No comments


O  JERUBEX Santiago Futsal viaxaba a Rivas na última xornada desta primeira fase da competición co obxectivo de sumar tres puntos que lle permitisen comezar a nova etapa con bo pé, e así foi.

O partido comezou cun gol temperán aos 10 segundos de Vargas, tras recuperar o saque de inicio dos galegos. Os de Santiago reaccionaron con oportunidades de Cristian e Álex Ares, pero  Quiles desviou á esquina en ambos os casos. Os visitantes apertaron máis e, tras unha parede con  Brian, Quintás empatou o partido no minuto 4.

Despois dun intercambio de golpes, nos que a posesión non duraba moito a ningún dos conxuntos, consumouse a remontada aos 8 minutos grazas a Porto cun gran golpeo desde a esquerda que se coou pola escuadra rival. Tan só dous minutos despois ampliaríase a diferenza con outro gol de Cristian Bernal, ao superar a  Quiles no un para un polo lado dereito do porteiro.

Tras o tempo morto solicitado polos de Rivas, os locais comezaron manter a iniciativa. Tentaron achegarse a través de Rubio no 15, pero entre Brais e o pau conseguiron desfacer o perigo. Vargas, de novo no 17 e tras unha boa xogada persoal, recortou no marcador e puxo o 2-3 co que o partido se foi ao descanso.

A segunda metade iniciouse con máis goles, pero esta vez dos visitantes. Cristian Bernal escapouse en solitario e marcou o seu segundo da tarde, esta vez polo pau curto. Case sen tempo a reaccionar Álex Ares recuperou un balón na área rival e puxo o quinto e último dos de Santiago no 23.

A partir dese momento os locais tomaron o mando do partido con respecto á posesión. Rivas repúxose a este último tanto cando Hugo devolveu a xogada dous minuto despois, quedando de novo a dous de distancia no 25. No 28 sacaron ao seu porteiro xogador, tocando con calma para buscar un oco que lles permitise engancharse ao partido. 

A gran defensa de 5 para 4 dos galegos, que durante case 10 minutos aguantou o asedio rival, non deixaba opción e os locais cada vez eran máis imprecisos. Cando se chegou ao minuto 40, case sen ocasións  reseñables para os madrileños, o luminoso  marcou un 3-5 que lle dá ao  JERUBEX Santiago Futsal un triunfo co que finaliza esta primeira fase de competición.

David Rial comentou sobre o partido que “a liña do equipo era ascendente, reflectíndose na semana de adestramentos como comentaramos, e fixemos un bo partido, sendo xustos vencedores e certificando esas boas sensacións. Os encontros como hoxe permítennos seguir crendo no traballo que estamos a realizar día a día, e temos que manter a liña para seguir puntuando e crecendo”.

CD Rivas:  J.  Quiles, Alberto, Vargas,  Rafita,  Ballano, Miguel Rubio, Miguel, Hugo, Chinés,  Cifu,  Adri Oro, Rubén.

JERUBEX Santiago Futsal: Brais García, Alberto Mirás,  Brian Niebla, Porto, Álex Ares, Cristian, Dani Blanco, Matos, Lucho,  P.  Liñeira, Alán, Quintás.

Goles:

Min 01. 1-0 – Vargas

Min 04. 1-1 - Quintás

Min 08. 1-2 – Porto

Min 11. 1-3 - Cristian Bernal

Min 17. 2-3 - Vargas 

Min 21. 2-4 - Cristian Bernal

Min 23. 2-5 - Álex Ares

Min 25. 3-5 - Hugo

No comments

Leave a reply







Recent Posts

  • Vitoria de mérito para rematar a primeira fase
    20 Feb, 2021
  • Previa: CD Rivas vs JERUBEX Santiago Futsal
    18 Feb, 2021
  • Derrota ante o líder do JERUBEX Santiago Futsal.
    6 Feb, 2021
  • Previa: JERUBEX Santiago Futsal vs Noia P.A.
    4 Feb, 2021
  • Gran esforzo sen recompensa para os santiagueses
    2 Feb, 2021
  • Previa: FS Talavera vs JERUBEX Santiago Futsal
    1 Feb, 2021
  • Traballado punto do JERUBEX Santiago Futsal en Móstoles
    30 Jan, 2021