Derrota axustada en Benavente do JERUBEX Santiago Futsal.
O equipo compostelán chegaba a Benavente para seguir sumando puntos que lle permitisen subir na táboa clasificatoria. En fronte tería unha misión difícil, un partido diante dun recentemente ascendido, o Atlético Benvente, pero que está a realizar unha moi boa campaña 20-21 no seu primeiro ano na Segunda División da LNFS.
O encontro comezou disputado, nunha primeira parte na que non houbo goles, pero se entrega e ocasións polas dúas partes. Matos tivo as primeiras oportunidades para os galegos e Brian despois, contestando Germán aos poucos minutos na área rival.
Os locais tomaron a iniciativa por momentos, pero a sólida defensa dos de Santiago, xunto coas boas paradas de Brais, facían imposible o gol. No minuto 15 Brian mandouna ao traveseiro, devolvendo Martín outro disparo ao pau pouco despois. Para finalizar, unha espléndida parada de Brais a falta de tres segundos ante Malaguti mandou o partido en empate ao descanso na Rosaleda.
A segunda parte comezou de fronte para os galegos. Alberto Mirás, tras unha boa xogada, bateu a Marcos Vara coa súa perna esquerda cun golpeo raso. A partir de aí os de David Rial aplicáronse en defensa, pechando liñas e mantendo a orde, ata que no minuto 29 comezou a remontada cun gol de Dilin.
Brian probaba con disparos de lonxe, tendo tamén Alán unha boa oportunidade para volver poñerse por diante, pero de novo Martín bateu a Brais no 34 cunha gran volea, poñendo o 2-1.
O Santiago pediu tempo morto e saíu de 5 xusto despois, pero os de Benavente pechábanse ben, aproveitando Malaguti unha perda con porteiro xogador e deixando o marcador no 3-1 final a falta de tres minutos para a conclusión do partido.
O técnico David Rial analizou o
partido comentando que “ os 10 primeiros foron moi bos, poida que mellores da
tempada. Tivemos tamén varias ocasións para poñernos por diante, pero ao final da
primeira parte sufrimos pola falta de fol. Na segunda parte conseguimos
poñernos por diante, pero castigounos a súa estratexia con dous goles moi
seguidos ante un rival que é moi duro na súa pista. É unha nova derrota, pero o
equipo está en liña ascendente, a pesar das circunstancias está a competir con orgullo
alá onde vai. A partir de hoxe xa imos pensar en Leganés, traballaremos para
volver conseguir unha vitoria en Madrid.”
JERUBEX Santiago Futsal: Brais García, Alberto Mirás, Brian Niebla, Cristian, Dani Blanco, Matos, Lucho, P. Liñeira, Saúl Marrupe, Alán, Quintás
Atlético Benavente: Dani
Simón, M. Vara, Tomy, Dilin, Fran, Romero, Domínguez, Simón, Yayo, Charlie,
Martín, Malaguti, Novoa, Hernández.
Goles:
Min 22. 0-1 – Alberto Mirás
Min 29. 1-1 – Dilin
Min 34. 2-1 - Chicho
Min 37. 3-1 - Malaguti