O JERUBEX Santiago Futsal pecha o ano cunha derrota en Leganés
(Foto dep, prensa Leganés FS)
No seu segundo partido en menos
de 15 días, CD Leganés e JERUBEX Santiago Futsal enfrontábanse de novo, esta
vez no Pavillón Europa. Cun partido moi parecido ao do 12 de decembro en Santa
Isabel, ambos os equipos plantábanse no encontro con necesidade de puntos, e a
intención de pechar este 2020 cunha vitoria.
A primeira ocasión do partido foi para os locais, cun chute de Guille que tapou Brais. Contestou Cristian inmediatamente despois, tras un gran pase de Brian que o deixou só ante o porteiro.
Despois duns minutos nos que o Santiago levou o protagonismo, o CD Leganés avisou cun disparo de Palomares. No minuto 8, Dela marcaba o primeiro para os pepineros. Cristian de novo buscou o gol para os seus, pero non conseguiu bater a Javi.
Seguiron os locais coa iniciativa en ataque, primeiro cun disparo ao traveseiro de Chicho, e posteriormente co segundo de Antón no minuto 13. O terceiro golpe chegou no 17 cun Guille que poñía un máis no electrónico para os madrileños. Case estivo a piques de recortar distancias ao bordo do descanso Cristian cun disparo cruzado, pero Fernández evitouno coa súa parada.
O JERUBEX comezou con Brian de porteiro xogador a segunda metade, mantendo a posesión e buscando achegarse no marcador. O equipo galego moveu a pelota co seu xogo de 5, con ocasións de Quintás e Cristian, ambas as ao lateral da rede.
Os minutos pasaban e no 34 o Leganés marco o cuarto grazas a Fer, aproveitando o baleiro na portería ao xogar de 5 os visitantes. Tan só un minuto despois Dela marcou o quinto, empuxando un bo pase longo do seu porteiro. O Santiago seguiu con Brian de porteiro xogador, e Dani Blanco marcou o gol da honra para os visitantes no 37 tras unha boa combinación, quedando así o resultado no 5-1 final.
David Rial, adestrador do JERUBEX Santiago Futsal comentou ao finalizar
o partido que “a primeira parte comezou igualada, pero a partir dos goles non
soubemos repoñernos, custounos conectar co partido. Na segunda parte, coa
situación de porteiro xogador xeramos ocasións, pero sobrepoñerse e cambiar a dinámica na que estabamos coa nosa falta de experiencia é complicado. É unha derrota
xusta pero moi dolorosa, non queda outra que volver mañá ao traballo para pensar
no seguinte partido.“
CD Leganés: Fernández (p), Tarsa, Chicho, Dela, Fer, Mimi, Macías, Antón, Guille, Javier de Cuadros, Keny, Mario Santiago, , Palomares.
JERUBEX Santiago Futsal: Brais García, Alberto Mirás, Brian Niebla, Cristian, Dani Blanco, Matos, Lucho, P. Liñeira, Saúl Marrupe, Alán, Quintás
Goles:
Min 08. 1-0 – Dela
Min 13. 2-0 – Antón
Min 17. 3-0 - Guille
Min 34. 4-0 – Fer
Min 35. 5-0 – Dela
Min 37. 5-1 – Dani Blanco