• Español
  • Galego
  • Inicio
  • Novas
  • Equipos
    • 2ª División
    • A nosa Base
  • Galería
  • Abónate
  • Colaboradores
    • Base
  • Contacto

O JERUBEX Santiago futsal disputa o seu segundo partido consecutivo contra Ceuta.

January 15, 2021 at 11:09 am, No comments

Unha semana despois de disputar o seu partido de ida en Santa Isabel, e tras perder cun axustado 2-3, os xogadores do  JERUBEX Santiago Futsal loitarán para conseguir o desquite neste partido que corresponde á décima xornada da Segunda División da LNFS e que se retransmitirá na conta de YouTube do club.

Os santiagueses, coa necesidade de sumar puntos, chegan a terras ceutís con Porto e Álex Ares reincorporados no grupo pero teñen, ademais da xa coñecida baixa de Javi López, as dúbidas de Dani Blanco, que sufriu  unha contractura muscular no último partido que non lle permitiu finalizar o encontro, e o meta Brais, que viaxará coa expedición aínda á espera de ver como evolucionan as molestias musculares que lle manteñen afastado da portería polo momento.

David Rial, técnico dos de Santiago, analizou o choque para os medios do club comentando que ” vai ser un partido moi parecido ao de hai unha semana, que se decidirá en gran parte por pequenas accións puntuais. Temos que saír ao partido cos cinco sentidos desde o primeiro momento, e tratar de manter o noso xogo cunha intensidade alta durante os 40 minutos ”.

O equipo viaxará o venres en avión desde Santiago a Sevilla, onde se desprazará a Alxeciras en  autobús, embarcándose alí a Ceuta e chegando na mesma noite dese día. Cunha sesión de vídeo programada para o sábado pola mañá, disputará o partido ás 17:30 no Guillermo Molina, tendo a volta programada para o domingo a primeira hora.


No comments

Leave a reply







Recent Posts

  • Vitoria de mérito para rematar a primeira fase
    20 Feb, 2021
  • Previa: CD Rivas vs JERUBEX Santiago Futsal
    18 Feb, 2021
  • Derrota ante o líder do JERUBEX Santiago Futsal.
    6 Feb, 2021
  • Previa: JERUBEX Santiago Futsal vs Noia P.A.
    4 Feb, 2021
  • Gran esforzo sen recompensa para os santiagueses
    2 Feb, 2021
  • Previa: FS Talavera vs JERUBEX Santiago Futsal
    1 Feb, 2021
  • Traballado punto do JERUBEX Santiago Futsal en Móstoles
    30 Jan, 2021